Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Festival de Cans (O Porriño) |
|
 O programa:
(agás das curtas nos galpóns, todo é de balde).
Mércores 23
Xornada especial para @s veciñ@s de Cans
21:30 h. Documental ?Día de ramo?, un retrato da parroquia de Cans.
22:00 h. Curtametraxe ?As farolas?, de Abelardo Rendo.
Sesión amenizada por Moncho e a súa Armónica e convidados especiais.
No Baixo do Bar Moncho, Cans
Xoves 24
No Porriño
Proxección da longametraxe ?Abrígate?, de Ramón Costafreda
21:00 h. Actuación de Uxía, que interpretará temas da B.S.O. do filme.
22:00 h. Pase de ?Abrígate?.
Círculo Recreativo Cultural do Porriño.
00:00 h. Concurso de Videoclips.
01:00 h. Sesión musical a cargo de Juan de Pablos (Flor de pasión, Radio 3)
Pub Tubulart.
Venres 25
En Cans
21:00 h. Proxección de ?Só concertinas?, documental musical de Víctor Coyote.
20:00 h. Proxección de ?Gritos en el pasillo?, de Juanjo Ramírez.
Longametraxe de animación de terror realizada con cacahuetes.
No Baixo do Bar Moncho
Noite de Estrea
22:00 h. Proxeccións:
● Videoclip gañador do concurso.
● ?Os Cans de Lobato?, montaxe fotográfica de Xurxo Lobato sobre a edición anterior.
● Varios trailers de producións audiovisuais que se estrean nos próximos meses.
22:30 h. Entrega dos chimpíns de plata a un veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: o artesán Paco Candán e a actriz Teté Delgado.
22:45 h. Entrega do premio de honra Pedigree'07 a Antón Reixa.
23:00 h. Concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e grupo de bombos Os Bravos de São Vicente
23:30 h. Concerto de The Ellas
No torreiro de Cans
01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)
Sábado 26
11:00 h. Apertura da Can Parade
Nas leiras de Cans
12:00 h. Coloquio na Leira: Tristán Ulloa.
13:00 h. Sesión Vermouth: charanga The Turres Band.
No torreiro de Cans
13:30 h. Procesión de chimpibuses amenizada por The Turres Band.
16:00 h. Ponse en marcha o servizo de chimpibuses.
16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso e no ?Jalpón friki? (entrada gratuíta).
19:00 h. Intermedio. Actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos.
20:30 h. Reanúdanse as proxeccións.
23:00 h. Entrega de premios.
23:30 h. Concerto fin de festa con Festicultores.
No torreiro de Cans
01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)
Entradas
Ás entradas para o Festival dan acceso a todas as curtas a concurso (12 de ficción e 7 de animación) visitando catro salas-alpendres nas que se proxectan as curtametraxes participantes.
En total hai 480 tickets á venda. O acceso ás salas funciona cun sistema rotatorio. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.
As entradas están á venda ao prezo de 6 ? no Local Parroquial de Cans.
Só se poden mercar 2 como máximo por persoa e non se admiten reservas, así que non te despistes!
¿E SE NON TES ENTRADA?
Non te esquezas de que a maior parte das actividades do festival son de entrada libre e gratuíta. Non che fai falta ticket para acudir o xoves á estrea de ?Abrígate?, do realizador porriñés Ramón Costafreda, para ver a estrea mundial e simultánea con Cannes da peli de terror friki con cacahuetes ?Gritos en el pasillo?, para acudir á festa da noite do venres ao torreiro de Cans, coa actuación de The Ellas, para escoitar o coloquio matinal do sábado e bailar na sesión vermú de The Turres Band, para entrar no Jalpón Friki durante toda a tarde do sábado e ver as curtas que alí se proxectan, para pasarte polo torreiro e tomarte unhas cañas mentres escoitas a Toni Lomba e Elio dos Santos, para pasear polas leiras de Cans e ver as creacións dos artistas locais para a ?Can Parade?, para acompañarnos ata a última hora do sábado, presenciar a entrega de premios e cerrar o festival co concerto-festa dos Festiclutores? Pásate por Cans e goza con nós do Festival.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
debriades de proxectar esto
#blgtk08#http://www.youtube.com/watch?v=5XqJH6QgEas |
|
|
Comentario por ana (19-05-2007 11:01) |
|
|
2 |
e despois de copiar o meu pos#blgtk08#t aqui, ¿non te animas a vir? |
|
|
Comentario por Anxelica (19-05-2007 12:56) |
|
|
3 |
Ola Anxelica, pois vai ser dificil e non será por gañas, outros compromisos..., o ano pasado paseino xenial no Festival e recomendolle a todo#blgtk08# o mundo que probe a experiencia de Cans, algo distinto nisto dos festivais de curtas.
Graciñas pola información do programa. |
|
|
Comentario por Henrique (20-05-2007 11:16) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|