Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso de pandeira en Coles

Dous obradoiros, un de iniciación e outro de nivel medio ou avanzado. Con eles, achegámonos a diferentes xeitos que temos atopado para a pandeira na área coñecida xenericamente como Ancares, na zona galega das montañas de Cervantes e Navia e na zona Leonesa arredor do Porto e do Val de Ancares, con algunha incursión no veciño suroccidente de Asturies.

Trataremos de transmitir e traballar conestes xeitos, ritmos e melodías procedentes do noso traballo de campo e de elaborar cos grupos participantes a montaxe das pezas para poder ser interpretadas.

Estes xeitos e sonoridades específicas configuranun abano de inmenso atractivo para estudiosas e estudiosos da música tradicional e para as entidades, asociacións, institucións e persoas que traballan na súa posta en valor como patrimonio inmaterial de incalculable valor. Sirva tamén este e outros obradoiros como recoñecemento ás persoas, moi maioritariamete mulleres, depositarias de este legado transmitido de xeración en xeración ata nos.

DATA E HORARIOS

Domingo 15 de Marzo
Iniciación: 10 a 14 h
Avanzado: 16 a 20 h
PRAZAS LIMITADAS!!

PARA CALQUERA CONSULTA OU INSCRICIÓN: SÓ A TRAVÉS DO WHATSAPP, NO NÚMERO DE TELÉFONO: 654173498
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-03-2020 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer