Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XXIX Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña) |
|
O XXIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 13 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña en horario de mañá e tarde. Ao igual que nos últimos anos a modalidade de pandeiretas estará dividida en tres categorías divididas segundo a idade dos componente. E nas modalidades de cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
1. Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
2. Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
3. A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal
O prazo de inscrición remata o sábado 28 de Abril
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
- Asociación Cultural Xacarandaina ... 981 277 315
- Correo electrónico ..... info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|