Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
O Concello de Ponteareas, no seu afán por promover e difundir a música tradicional
galega, convoca para o vindeiro sábado 23 de setembro de 2017 a L (50) EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando a Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega.


Bases:
1º.- Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo.

2º.- A solicitude de inscrición no modelo facilitado polo Departamento de Cultura Municipal e na web do Concello,realizarase por Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas de forma gratuíta ata o día 11 de setembro de 2017. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición, debidamente cumprimentada, o enderezo, o correo electrónico e número de teléfono de contacto (segundo modelo de inscrición anexo que se lle facilita). O día 15 de setembro, o Concello resolverá a listaxe de grupos admitidos no concurso, notificándollo a todos os inscritos.

3º.- O número máximo de grupos de gaitas participantes será de vinte (20).
A selección para a orde de participación no concurso realizarase por sorteo diante da Casa do Concello mesmo día do concurso ás 16:00horas. Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para os casos de renuncia.

4º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional galego completo.

5º.- Os grupos participantes estarán ás 16:00 horas da tarde do sábado, día 23 de setembro de 2017, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas. Unha vez efectuado o sorteo para a quenda de participación sairán na mesma orde,
realizando unha ruada interpretando melodías galegas, ata o Auditorio Municipal onde a partir das 16:30 horas dará comezo o L CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS de Ponteareas.

6º.- Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total das dúas pezas será como máximo de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurrís.

7º.- Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. Terminadas as interpretacións, o xurado resolverá ao seu criterio a clasificación dos grupos participantes. O xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.- O xurado do L CONCURSO DE GAITAS DE DO PAÍS de Ponteareas estará composto por destacados persoeiros do mundo da gaita e da música tradicional de Galiza:
D. Antón Corral Martínez
D. Antonio Gutiérrez Pereira
D. Xoaquín Míguez Rodríguez, ?O Xocas?
D. Iván Costa Blanco
D. Manuel Alonso Iglesias, ?Xalueiro?
D. Juan Luna de Cabo
D. Xosé Manuel Gil Rodríguez

9º.- Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional galego completo.

10º.- O L CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS de Ponteareas estará dotado dos seguintes premios:
 1º PREMIO 1.800,00 euros
 2º PREMIO 1.200,00 euros
 3º PREMIO 900,00 euros
 4º PREMIO 600,00 euros
O Concello de Ponteareas outorgará a todos os grupos un premio de 200,00 euros en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a base 41ª das Bases de Execución do Orzamento Municipal.
Nesta edición, o grupo gañador actuará durante 15 minutos abrindo o concerto de Xosé Manuel Budiño que comezará ás 23:00 horas no parque da Feira Vella e que en caso de chuvia celebrarase no mesmo Auditorio Municipal.

11º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-09-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0