Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Festival Concerto por Sesé (Chapela-Redondela) |
|
Os amigos de Sesé, como todos coñecían a María José Mateo, a muller que resultou morta o pasado mes de febreiro en Chapela na explosión provocada pola súa exparella, decidiron que esta morte "non caia no esquecemento e sirva para mover conciencias contra a violencia de xénero, unha verdadeira enfermidade que xa supera a trintena de vítimas", explica o seu portavoz.
Para iso, organizaron un concerto solidario que terá lugar o 2 de xuño e que reúne no mesmo escenario algúns dos nomes punteiros do panorama musical galega.
Os participantes neste acto, que terá como escenario a chaira do pavillón de deportes de Chapela, serán Siniestro Total, o grupo Dakidarria, que tocará en acústico e Zamaramundi, ademais da cantante Ses, que dará un mini show en acústico e que ofrecerá algunha sorpresa aos asistentes.
O espectáculo estará presentado por Isabel Risco.
Toda a recadación irá para terminar as obras de reconstrución da casa da falecida, onde se atoparon algúns danos a maiores dos peritados nun primeiro momento, e para axudar a recuperar a súa vida aos dous fillos da muller. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|