Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Amalghama lanza unha luva a Malmequer

Ano do Noso Señor de dous mil sete. Os tempos son chegados. A luva cruzou o espazo entre a sen razón e o desacougo... e alguén ten que recollela.

As mulleres, os homes de Malmequer. Amalghama, as súas mulleres, os seus homes. Armados de pandeiretas, cunchas, culleres, piñas, gaitas, pandeiros, requintas. Tocadores sempre listos.

Detrás a honra e o valor que se supón. Paso ao fronte cara á mesa de batalla. Se hai que morrer que sexa dunha enchenta. Se hai que discutir que sexa regueifando.

O dezaseis de maio cambia a Lúa. Noite escura. O cuco xa se escoita dende hai días, anuncio de primavera, máis ha deixar paso ao galo da casa, ás patacas novas, ao viño de Leirado, ao licor café nacido da forza. E que a forza nos acompañe.

A mesa de batalla establécese no furancho Xunguiño. A hora da honra ás 22:00. O día dos valentes o 16 de maio. Os vitoriosos termarán dos vencidos. Serán Malmeghama.

Por aquilo de non desperdiciar animal con pluma convén confirmar asistencia de mártires e achegados. Tocadores e bailadores.


Alá arriba, non sei onde,
atopeime non sei con quen,
díxome non sei que cousa,
non lla digas a ninguén.

Amalghama

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-05-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Mulleres e homes de Amalghama, armadevos ben de pandeiretas, cunchas, culleres, piñas, gaitas, pandeiros, requintas e estade listos para a festa e o baile.

Malmequer acepta o reto.

No ano do Noso Señor de dous mil sete, no cambio de lúa do dezaseis de maio e no lugar do furancho Xunguiño.
#blgtk08# Na hora premáxica das 22:00, alí estaremos e alí libraráse a batalla festeira pola que tanto tempo levamos agardando.

Que non haxa piedade para os vencidos e que o licor café derramado no encontro sexa semente de festeir@s, lembrándose para as xeracións vindeiras tal batalla cantada polos xoglares do futuro.
Comentario por Henrique (04-05-2007 09:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0