Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XVII Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira? (Bandeira-Silleda) |
|
 XVII Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira?
Domingo 28 de maio de 2017, no auditorio Manuel Dopazo (Bandeira-Silleda)
Bases de participación
Establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 13 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 14 a 17 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva. O 20 % restante non poderá exceder en dous anos a idade máxima da categoría de referencia. En caso de dúbida sobre o cumprimento deste requisito, o xurado poderá esixir o dni ou libro de familia dos bailaríns afectados. De non presentalo, o grupo en cuestión quedará descalificado.
O mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.
Será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.
Cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.
Os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización en función do aulario dispoñible para acollelos.
O xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretaria -con voz pero sen voto- a concelleira de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.
A asociación de baile xuvenil ?fortín da pomba? actuará a modo de exhibición.
O concurso celebrarase en xornada de tarde. Non dará comezo antes das 18.00hs.
A entrada no auditorio manuel dopazo de bandeira será, coma sempre, de balde.
Premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Poderá haber accésits adicionais en función da xenerosidade dos nosos colaboradores.
Prazo de inscripción: do 20 de abril ao 10 de maio de 2017 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguintes enderezos:
Fortindapomba@yahoo.es, mjpferreiro@yahoo.es.
Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de fortín da pomba (josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|