Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galaiquismo: o discurso do NO-DO sobre Galicia a través do folclore

No xoves 11 de maio ás 20h, dentro da programación previa á 12 Mostra de Cinema Etnográfico, conversaremos coa etnomusicóloga Beatriz Busto sobre o “Galaiquismo”, concepto que utiliza para explicar o discurso que o NO-DO proxectou sobre Galicia a través do folclore, representándoa como un pobo subalterno, dominado e reducido a estereotipos. Tratarase, así mesmo, de afondar sobre como e de que xeito este discurso de representación sobre “o galego" influíu na ollada de Galicia sobre si mesma e sobre o seu folclore, e de debater sobre os lugares –anteriores e posteriores ao franquismo– onde se pode atopar esa ollada galaiquista da cultura.

Beatriz Busto Miramontes é doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid coa tese doutoral “La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981)”, dirixida polo antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno Martín e coa que conseguiu a máxima cualificación.

Agardando que sexa do voso interese.
Un saúdo.

Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
www.museodopobo.gal
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-05-2017 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 The lively hues are what highlights the most and consequently a large numb#blgtk08#er of the big names and most models tend to wear these casings regularly.
Comentario por http://www.leatherline.co.uk/ (07-06-2017 10:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer