Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aña urbana en Pontevedra

Un ano máis, a asociación cultural Trépia de Pontevedra convoca unha nova edición da Aña Urbana, un evento que pretende achegar ao público unha parte moi descoñecida do patrimonio cultural, como son as “añas” das comarcas de Mondariz, Condado e Paradanta. Trátase dun repertorio tradicional vencellado co ciclo das labradas, que dependendo da zona ten unhas características ou outras, sendo a máis común e a que máis chama a atención o feito de acompañar as voces percutindo con pedras nas sachas ou “leghóns”.

Se ben a A.C. Trépia leva desde os seus comezos ensinando e difundindo este repertorio, foi a partir do 2010 cando o Concello de Pontevedra comezou a promover a actividade, co cal se acada este ano a sétima edición dun evento polo que teñen pasado conferenciantes e investigadores, grupos de música tradicional e persoeiros da cultura tradicional galega.

E é que a Aña Urbana xa se ten consolidado non só como un punto de encontro de colectivos, máis tamén como un elemento vertebrador dos esforzos dos investigadores por dar novo pulo e sentido a unha das tradicións máis senlleiras e particulares da nosa contorna.

Este ano, cunha programación moi novidosa e variada, a cita será o vindeiro sábado 22 de abril na Praza do Concello en Pontevedra (Praza España). Xa está aberta a convocatoria para todos os grupos e colectivos que queiran participar. Pódese consultar a programación completa no sitio web trepia.org.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-04-2017 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer