Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Volve o Vai de baile no Luar
O programa Luar da Televisión de Galicia, co desexo de promover e difundir os valores artísticos do baile galego así como incentivar a súa práctica en boa competencia, convoca a sétima edición do concurso “VAI DE BAILE” que se desenvolverá de acordo coas seguintes

BASES
Participantes


Poderán participar os maiores de 16 anos que se inscriban por parellas mixtas. No caso de que o participante sexa menor de 18 anos deberá contar coa autorización expresa dos seus titores legais.A Dirección do Programa fará unha selección previa dos candidatos.

Non poderá participar no concurso o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.

A inscrición será gratuíta. Os concursantes non terán dereito a contraprestación económica ningunha, aínda que o Programa poderá entregarlles unha cantidade en concepto de axuda para gastos de desprazamento.

Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa. A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.

Mecánica do concurso

En cada programa competirán dúas parellas entre si bailando unha xota e unha muiñeira de forma alternada, máis un agarrado que bailarán simultaneamente.

O xurado de Vai de Baile estará formado por tres especialistas especialistas de recoñecida solvencia. A resolución estará consensuada polos membros do xurado e será inapelable. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade con ningún dos membros do xurado. A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros do xurado, nomear un substituto que pasará a formar parte do xurado, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.

Na primeira fase, cada semana presentaranse dúas parellas novas. A parella que resulte gañadora pasará á seguinte fase do concurso.

Na segunda fase participarán as parellas clasificadas na primeira fase.

Na semifinal participarán as 4 parellas clasificadas na segunda fase.

Na final competirán as dúas parellas mellor puntuadas na semifinal.

A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.

No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa atendendo a criterios de audiencia.

Premio

O Vai de Baile ten como premio unha dotación económica de 2.000 € para a parella campiona e de 1.000 € para a subcampiona.

anexo:
cada participante recibirá en concepto de gastos 70 € por cada programa.
Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 12-04-2017 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A parella que non se presente a algunha #blgtk08#das convocatorias quedará descalificada.
Comentario por Replica Mulberry Handbags (05-05-2017 10:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer