Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xose Manuel Budiño en Compostela
O músico Budiño quere compartir cos composteláns os 20 anos de vida do seu disco debut “Paralaia”. Farao o vindeiro 1 de abril ás 21:00 horas na Sala Capitol e estará acompañado dunha banda nova formada para tan sinalado aniversario.
Xuntos ofrecerán un concerto renovado e actual dun álbum que fixo historia na música galega. “Paralaia” (1997), amais de marcar un punto de inflexión no xeito de entender o folk, conseguíu entre outros, unha chea de recoñecementos como os premios da Sociedade Xeral de Autores e Editores de España (SGAE), o da Asociación de Artistas Intérpretes e Executantes de España (AIE), ou o Premio da Música en España á mellor canción en galego por Ardora. Amais, foi un dos cinco mellores discos do mes na revista londiniense “Folk Roots”, unha das publicacións musicais máis prestixiosas do mundo.

Logo de 20 anos, “Paralaia” volve aos escenarios cunha nova edición remasterizada en un formato especial de libro–disco ilustrado.

E o que é mellor, despois de presentarse no Culturgal en Pontevedra, ofrécenos en Compostela unha nova oportunidade de gozalo e vivilo en directo. Desta volta, e como xa fixera daquela, Budiño conta de novo coa colaboración especial da artista internacional Mercedes Peón. Eles dous e a “Banda Paralaia” (Isaac Palacín á percusión, Sérgio Tannuns ás cordas, ao acordeón Santiago Cribeiro, Cibrán Seixo a cargo do violino, Franz Sanz no baixo e Antonio Rodríguez co trombón e o bombardino), serán os encargados na Capitol de levar á escena boa parte do repertorio do álbum que colocou no mundo o nome de Budiño.
Asemade farase un percorrido pola carreira do músico e produtor.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2017 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer