Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XXII Xantar Gaiteiro |
|
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 22ª edición celebrarase no Concello de Rianxo o vindeiro 26 de marzo.
Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe a Xosé Romero fundador do mítico grupo Os Rosales, e a Maruxa Miguéns quen durante máis de corenta anos, marcou o ritmo coa percusión, e lle deu un estilo especial ao grupo cando comezou a cantar.
O programa será o seguinte:
12:00h. Homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero (Os Rosales). O acto terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo (Paseo Ribeira, 120).
13:00h.Roteiro polos bares.
14:30h. XXII Xantar Gaiteiro no restaurante Casa Pachín (Ourolo, 107 - TARAGOÑA).
MENÚ : Cocido, postre, chupito e café.
Viño, refrescos e augas
PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 22 de marzo.
Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
Non faltes!!!!!Esperámoste!!!
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|