Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
II Xornadas de percusión tradicional (Pontevedra) |
|
Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.
Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 ?) e como oínte (15 ?).
Indicar a modalidade ao facer a inscrición.
Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.
Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñecementos de percusión.
Para a segunda modalidade non é necesario ningún requisito. Dirixida, principalmente, a gaiteiros sen coñecementos (ou moi poucos) de percusión, músicos de calquera instrumento ou afeccionados á música.
Os alumnos activos é conveniente que leven tambor e baquetas.
Os alumnos oíntes disporán do mesmo material que os activos, poderán preguntar, pero non participar nos exercicios prácticos.
Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).
Xantar opcional.
Inscrición e información:
Teléfono: 639908788.
e-mail: gaiteirosdasriasbaixas@gmail.com
Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colaboran: Casa da Cultura de Lérez, Carlos do Viso e Missom. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|