Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas de percusión tradicional (As Pontes)
A AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán de protagonistas,ao tambor e ao bombo na xornada do sábado, e á percusión de man na xornada do domingo.

Contaremos con obradoiros prácticos da man de expertos no mundo da percusión como Francisco Estevez “Chuco”, Marcos Saburido “Kinhos”, Gustavo Couto, Xose Lois Romero, Denise Silva e Felisa Segade.

Tamén contaremos con concertos ao remate de cada día.

PROGRAMA:
Sabado 17 de decembro


10.20 horas - Entrega de documentación e apertura.

10.30 horas – Obradoiro de bombo con pratos - Gustavo Couto.

13.30 horas – Descanso Xantar

15.30 horas – Obradoiro de regraxe da percusión – Marcos Saburido “Kinhos”.

17.30 horas – Obradoiro de técnica de tambor e bombo – Francisco Estévez “Chuco”.

20.30 horas – Concerto

Domingo 18 de decembro

10.30 horas – Obradoiro multipercusións – Xose Lois Romero.

13.30 horas- Descanso Xantar

15.30 horas- Obradoiro de toques de pandeireta na zona dos Ancares – Denise Silva

17.30 horas- Obradoiro de pandeira – Felisa Segade.

20.30 horas – Concerto Bouba pandereteiras.


INSCRICIÓNS PARA O SÁBADO: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal"> secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto,

Estas xornadas son de balde e @s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.

As prazas son limitadas por orde de inscrición, Animádevos a participar!!!

AVISO: Aforo completo para a xornada do domingo.

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-12-2016 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer