Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornadas Culturais. A Gaita no Mar (A Coruña) |
|
Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros, moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita.
O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar.
O que estes mariñeiros fixeron foi moito mais, eles foron quen de levar a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,? Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.
Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.
Para coñecer esta realidade máis de preto a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 03 de decembro pola tarde a Xornada: "A Gaita no Mar", que terá lugar no Club de Mar de San Amaro (A Coruña).
Contaremos cun relatorio de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, a proxección do documental "Dos Gaiteiros do Mar" codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas. E para o peche, un concerto cos Gaiteiros do Mar.
Programa:
Iniciarémos a xornada ás 17.30 horas cun relatorio a cargo de Xurxo Souto sobre os Gaiteiros do mar, no que poñerá de manifesto cal foi e segue sendo o importante papel destos gaiteiros.
Seguidamente, ás 18:15 horas terá lugar a proxección do documental Dos gaiteiros do mar, codirixido por Xurxo Souto xunto a Marín Rodas e producido por Borneira Audiovisual, que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia.
Para rematar,ás 19.00 horas contaremos coa actuación do grupo ? Os Gaiteiros do Mar? formado por Manolo de Donón e Lito de Pinténs ( gaitas), Feliciano de Donón ( tamboril), Manuel Martínez Santomé ( bombo) e o Peix de Aldán ( percusións varias) que nos ofrecerán un concerto para o peche da xornada.
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|