Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quempallou e Camarada Nimoy disólvense
Musicalmente non teñen moito que ver, pero acordaron desaparecer case ao mesmo tempo.

Nos dous casos anunciaron a súa desaparición mediante comunicados nos seus muros de Facebook. Quempallou apunta que "logo de dezaoito veráns cheíños de concertos, de catro traballos orixinais e algúns outros extras, aproveitamos o remate desta campaña 2016 para dar por finalizada a nosa actividade. Marchamos ben contentos co traballo feito e compartido con tanta e tanta xente ao longo de tanto tempo".

No caso de Camarada Nimoy a marcha prodúcese logo de dous discos autoeditados e unha grande acollida de público e crítica nun momento no que "despois deste tempo quedaba meterse a por outro disco e sair novamente a defendelo, pero moitas cousas internas e externas dificultan este proxecto que nunca tivo axudas de ninguén para seguir funcionando deste xeito".



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2016 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer