Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Xornadas arredor da Música Tradicional en Viascón (Pontevedra) |
|
O vindeiro 24 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a IV edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares , xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Agardámoste o vindeiro día 24 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).
A entrada é de balde, pero por motivos de espazo e preciso que reserves a túa praza.
PROGRAMA:
10.15 ? Apertura e entrega de documentación
10.30 ? Relatorio I ?O repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza?. Julia Feijóo
11.20 ? Quenda de preguntas
11.30 ? Relatorio II ?¿Por que os Gaiteiros empeñámonos en tocar desafinados? Novas entoacións para arranxar problemas vellos?. Carlos Real
12.20 ? Quenda de preguntas
12.30 ? Descanso
13.00 ? Relatorio III ?Reconstrución da gaita de fol da Cantiga 350?. Pablo Carpintero
13.50 ? Quenda de preguntas
14.00 ? Xantar
16.30 ? Presentacións de publicacións
16.30 ? ?Acordeón diatónico tradicional e folk galego?. Alejandro Balbuena
16.50 ? ?Método de acordeón diatónico?. Pedro Blanco
17.10 ? ?Antón Corral, alborada dun soño?. Pablo Quintana (Ed. Canela). Coa participación da autora Fina Fernández e o protagonista Antón Corral.
17.55 ? Presentación - Concerto ?Tamborileros Leoneses. El Bierzo". Luis Mondelo
18.35 ? Descanso
18.45 ? Relatorio IV - Concerto ?La colla de xeremiers. Origen i evolución?. Càndid Trujillo & Pep Toni Rubio
20.15 ? Peche
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|