Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de técnicas avanzadas de pandeiro galego (Lugo)
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.

Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.

O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:

Desenrolo teórico:

O pandeiro no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.
Organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.
Función e rítmica.
Grabacións históricas.
Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos nas provincias de Pontevedra e Ourense, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar o pandeiro, atendendo ás variantes locais.
Desenrolo práctico:

Posturas para coller o pandeiro. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancadas.
Ritmos e cadencias a 6/8 para o baile solto, toques a dúas mans.
Ritmos a ¾ para o baile solto, toques a dúas mans.
Toques a dúas mans para o baile agarrado.
Toques a unha man.
Prácticas de canto.
¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción ten un custo de 20'00€ (15'00€ si eres soci@ da AGG) e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

É necesario que cada quen leve o seu instrumento.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-05-2016 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer