Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXXVI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXXVI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 5 de xuño no Pazo da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.

- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

- A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal

O prazo de inscrición remata o sábado 28 de maio.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:

Asociación Cultural Xacarandaina.... 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com

Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2016 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer