Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Resultados do XVII Concurso de Xiradela |
|
Cerca de 50 grupos de pandereteiras e pandereteiros participaron no XVII Concurso de Xiradela, de Arteixo.
Toda a xornada de domingo co pase de grupos de toda Galicia e uns 30 organizadores da asociación para dirixir e coordinar o encontro de música tradicional, que moi pronto cumprirá dúas décadas. No escenario, maneos, muiñeiras e cantares que deixan ver o nivel das pequenas cantareiras e tamén a man dos seus mestres. De Bergantiños ata Candín.
Os primeiros premios de cada categoría levan un trofeo e entre 200 e 250 euros, os segundos 150 euros e os terceiros un trofeo de recordo do concurso. ¿Como quedaron nesta edición? Así quedaron as posicións, segundo os resultados que transmite a organización da asociación:
Categoría A: ata os 10 anos.
1 ?Chamberín? da A.C. Adro de Baio, que interpretaron: Cantares de Muíño (Zas)
2 ?Galdrumeiras? da A.C. O Amanexo coa peza:
Canto, maneo e muiñeira de Xende, Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
3 Escola de pandeireta do CEIP do Hío con:
Cantares do Ézaro (Dumbría)
Mellor vestiario: Grupo C da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras
Categoría B: de 11 a 13 anos.
1 ?As Xaviñanas? da U.P. de Corcubión
Pandeiretada de San Salvador de Padreiro (Santa Comba)
2 ?Soalleiriños? da A.C.A. de Dorrón
Jota e muiñeira de Lariño (Carnota)
3 ?Tarabeliños? da A.C. Donaire
Canto, muiñeira e jota de Negreira de Vilamaior (Ordes)
Mellor vestiario: ?Laretas? da A.C.F. Tarambainas
Categoría C: de 14 a 17 anos.
1 ?Titiriteiras? da A.C.F. Tarambainas
Jota e moliñeira de Candín (Candín)
2 ?Lina e Lola?
Cantares de Taboexa (As Neves)
3 Grupo B da Escola de muiñeira de Cantigas e Agarimos
Jota, muiñeira e pasodoble do Barro (Santa Comba)
Mellor vestiario: ?Titiriteiras? da A.C.F. Tarambainas
Categoría D: de 18 anos en diante.
1 ?Lagharteiras?
Ruada en San Martiño de Meanos (Zas)
2 ?No filo da ferreña?
Cantar, punteada e jota de Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
3 ?Barallocas? da A.C. O Amanexo
Canto, valse, muiñeira e xota de San Salvador (Santa Comba)
Mellor vestiario: Grupo A da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!!!
www.folkgalicia.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|