Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I Xornadas sobre o Serán (Pazos de Borbén) |
|
Este sábado 28 de novembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a I Xornada sobre o Serán, na Casa da Veciñanza de Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.
Teremos o pracer de poder disfrutar coa participación de grupos de pandereteiras tan históricos da zona como son, as Pandereteiras de Sequeiros e a Ermida, as Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e As Pandereteiras do Lecer de Pazos.
Teremos tamén durante as xornadas, un espazo especial no que se lle rendirá unha merecidísima homenaxe a Domingo Amoedo, unha das persoas que dedicaron parte da súa vida a poder recuperar algo tan importante da nosa tradición e cultura como son os Seráns.
Programa:
SABADO 28 DE NOVEMBRO
16.30h ? Homenaxe a Domingo Amoedo
Colocación dunha placa e plantación dunha unha árbore no lugar de A Ermida.
17.30h ? Homenaxe a Domingo Amoedo: Proxección audiovisual
Subida á casa de Pazos. Proxección audiovisual sobre a vida de Domingo.
18.00h ? Mesa redonda
Os seráns. A cargo das pandereteiras convidadas.
19.30h ? Serán
Serán a cargo dos grupos de pandereteiras convidados: Pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e Pandereteiras do Lecer de Pazos
20.30h - Peche
Clausura do acto con foliada aberta!!
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|