Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Xornadas Arredor da Música Tradicional (Pontevedra)
Este sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, presentacións de traballos, concertos...

Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a fondo a nosa música tradicional e a de outros lugares. A través desta actividade, amosaremos a riqueza existente na nosa cultura e tamén noutras próximas, ademáis de poñernos ó día en canto a traballos de investigación realizados recentemente.

A Xornada terá o seguinte programa:

09.30h ? Entrega de documentación e apertura

10.00h ? Relatorio

Moisés Quintas - "Pito Galego: Método Práctico"

10.50h ? Quenda de preguntas

11.00h ? Relatorio-Concerto

Paulo GonÇalves - "A gaita de fole, un instrumento tradicional na música erudita: alguns apontamentos sobre realidades e ficçons"

12.20h ? Quenda de preguntas

12.30h ? Descanso

13.00h ? Relatorio

Ramón González ? "Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918."

13.50h ? Quenda de preguntas

14.00h ? Xantar

17.00h ? Presentación de Publicacións

Presentación libros aCentralFolque ? A chave mestra da tradición musical e oral galega.

17.30h ? Presentación de Publicación + Concerto

Presentación libro Siderio de Vilarmide + Concerto de Desiderio, Daniel Carballo e Ana García Lenza.

18.15h ? Descanso

18.30h ? Relatorio-Concerto

Juraj Dufek e Miroslava Dufeková - "Gaitas e instrumentos de vento tradicionais de Eslovaquia."

19.50h ? Quenda de preguntas

20.00h ? Peche das xornadas.

INSCRICIÓN:

A Entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou no teléfono 986847074.

O prazo de inscrición rematará o día 2 de outubro, ou cando se complete o aforo, aplicándose en tal caso o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Esperámosvos!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-10-2015 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0