Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán en Tomeza (Pontevedra)
A asociación cultural San Cibrán de Tomeza celebrará por terceiro ano consecutivo o Serán de Música tradicional o próximo 20 de xuño a partir das 21.00 horas. Desta forma, a organización quere continuar co éxito de asistencia obtido durante as dúas edicións anteriores.

Ademais da música, o público que acuda poderá gozar dunha sardiñada ou degustar uns bos chourizos. Todos os grupos de música que queiran participar terán que achegarse ata o lugar da capela de San Cibrán e apuntarse á súa chegada para actuar durante este Serán. Só terán prioridade na orde de actuación aqueles grupos que estean formados por nenos. Cada grupo participante terá a oportunidade de interpretar catro temas.

A organización alerta de que, en caso de que xurdise mal tempo durante esa xornada, se instalarían carpas para celebrar esta festa xa tradicional na parroquia. Para máis información, o colectivo facilita este correo asoc.cult.sancibran@gmail.com para resolver calquera dúbida.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer