Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concerto de Fin de Curso da Tradescola (Lugo)
Hoxe martes día 16 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 14/15.

A Tradescola, contou neste curso con máis de 260 alumnos matriculados, e conta no seu equipo docente con 9 mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son:Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Pablo Carpintero, Xela Conde e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO

Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2015/2016.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.gal

http://gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer