Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Musica tradicional e mulleres (Lugo)
Música tradicional e mulleres, na II sesión do ciclo documental “A nosa terra, a nosa cultura”

Hoxe martes 16 de xuño, ADEGA proxectará no Museo Provincial de Lugo ás 20.00 horas o documental “Por que non cantades todas” de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e dirixido por Diana Toucedo Crespo. Posteriormente haberá unha charla coloquio con Alberte Román, técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e Branca Villares, ensinante de música tradicional.

ADEGA promove este ciclo por terceiro ano consecutivo dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. Trátase dun cine-fórum no que se expoñen traballos audiovisuais galegos que dificilmente poden ser vistos nas canles habituais e que teñen que ver co noso patrimonio natural ou cultural máis próximo.

As diferentes sesións do ciclo permiten á cidadanía intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versan estas obras, creando deste xeito, un espezo de análise e debate do que extraer conclusións e novas vías de acción, de dinamización do rural e de defensa da nosa cultura e territorio.

II Sesión: Música e tradición oral
Nesta segunda sesión do ciclo documental a obra a proxectar será: “Por que non cantades todas” de Diana Toucedo Crespo.

Sinopse: Documental que amosa a un grupo de mulleres da aldea de Zobra na Serra do Candán a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. A música como memoria, experiencia e convivencia.

Charla-Coloquio
Tras a proxección audiovisual haberá unha charla coloquio entre o público e os autores do documental, ademais da persoa convidada como experta, que neste caso se trata da ensinante de música e baile tradicional, Branca Villares Naveira.

Por tanto, nesta segunda sesión intervirán:
Alberte Román, Técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega.
Branca Villares, Ensinante de música tradicional.

Este Ciclo Documental conta co apoio e patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer