Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Roberto Sobrado e Os Resentidos en Compostela
Roberto Sobrado homenaxea Os Resentidos na presentación do seu novo disco

Atlas de Anatomía, o quinto disco de Roberto Sobrado grupo presentarase hoxe xoves 11 de xuño en Compostela, nun concerto no que tocarán cos Resentidos, banda á que homenaxean.

O concerto será de presentación do quinto disco de Roberto Sobrado grupo mais tamén unha homenaxe aos Resentidos, a banda coa que compartirán espectáculos. Atlas de Anatomía presentarase o vindeiro 11 de xuño no Salón Teatro de Compostela e, para a súa presentación pública, Roberto Sobrado grupo acompañarase de tres dos membros da última formación da banda liderada por Antón Reixa. Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno participarán nun concerto que contará tamén con colaboracións estelares de Antón Reixa, Javier Soto, Anxo Graña, Piti Sanz ou Xabier Camba.

A banda anuncia viaxar polo “lado escuro do rock”

Os membros d´Os Resentidos non serán os únicos convidados para a presentación do novo disco de Roberto Sobrado grupo e, así, o vindeiro 11 de xuño subirán a escena tamén Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona.

Atlas de anatomía ofrece nove temas novos de Roberto Sobrado, un músico que cumpre xa 20 anos de traxectoria. Pop, rock e blues son o telón de fondo sonoro deste novo, e quinto, traballo no que a banda anuncia viaxar polo “lado escuro do rock”. Con esta nova proposta, Roberto Sobrado executa un “harakiri consciente pero non total ao cantautor que eleva dentro”.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer