Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do documental sobre Ruxe-Ruxe
"Sempre adiante" o documental de Jairo Iglesias sobre os 20 anos de vida do grupo de rock Ruxe-ruxe estrease o sábado 13 de xuño no teatro Principal de Compostela

Despois de ano e pico compartindo vida e música co director Jairo Iglesias por fin chega o momento de disfrutar de “SEMPRE ADIANTE” o documental que xira entorno á nosa existencia musical.

Foron meses de moito traballo e moita vida e sempre coa cámara de Jairo prendida ó noso carón. Dende a presentación do “Némesis” ata a presentación do “Un mundo perfecto” e polo medio moitos concertos, moitos ensaios, moitas conversas e a gravación do disco.

Nós xa estamos desexando ver todo o traballo de Jairo despois de horas de gravación e de montaxe e agora xa sabemos o día da estrea. Sábado 13 de xuño no Teatro Principal en Compostela.

Para asistir terás que ter unha invitación do grupo pois non se poñeran entradas á venda … e se queres unha invitación escribe a ruxeruxe@ruxeruxe.com e reservámosche a túa invita (ata fin de existencias) :).

“SEMPRE ADIANTE” … UN ANACO DE VIDA VIVIDO E CAPTURADO POR JAIRO IGLESIAS.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer