Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV Romaría do lecer (A Coruña)
A A.C. XACARANDAINA ORGANIZA A XV ROMARÍA DO LECER

Con motivo da XV Foliada e Romaría do Lecer que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina que, no marco do Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida, se celebrará na Coruña os vindeiros sábado e domingo días 6 e 7 de xuño, a Asociación Cultural Xacarandaina aproveita a ocasión para convidar ao seu medio de comunicación.

O sábado día 6 de xuño realizarase, como anticipo á ROMARÍA, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a FOLIADA, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunían para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.

Será ás 19:00 h. cando comece a FOLIADA INFANTIL onde participarán nenas e nenos de distintas agrupacións. Como novidade deste ano, realizarase un obradoiro de baile para todo o público asistente e, finalmente, bailarase unha muiñeira de conxunto. Tras o obradoiro, comezará a FOLIADA DE ADULTOS, ás 21:00 h. No caso de estar interesados en participar na mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: info@xacarandaina.com.

Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do domingo 7 de xuño, que acada xa a súa décimo quinta edición. Durante todo o día intentaremos recrear unha verdadeira Romaría! O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, acordeón, guitarra...

Para as máis pequenas e pequenos contaremos con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco…

A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2015 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer