Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Non ao peche de Planeta Furancho
A desaparición do programa Planeta Furancho da grella da Radio Galega está a promover unha intensa mobilización social.

O anuncio de que o vindeiro dia 29 de maio se emitirá a derradeira entrega do espazo, que leva máis de 1.400 emisións, provocou xa o pasado sábado 23 unha concentración diante das portas das instalación da CRTVG en San Marcos. Así, para este xoves 28 de maio convocouse unha concentración de protesta ás 20:30 horas na Compostelá Praza do Toural á que se anima a acudir armados de instrumentos para manifestar o descontento ante a decisión da cadea.

Ademais, está en marcha un grupo de Facebook que recolle as iniciativas e opinións ao abeiro da problemática e circula tamén un manifesto no que se recollen as reivindicacións desta plataforma que, segundo institiu Alex Sevilla, "non é só de músicos, hai moitos seguidores fieis do programa". Pola súa banda, Josito Porto lembrou a necesidade de que as cadeas públicas "que son de todos", presten atención ao panorama musical galego e apuntou a ausencia dun espazo no que as bandas poidan tocar ao vivo e no que se atenda a música actual.

En paralelo a estas mobilizacións, a Asociación de Músicos ao vivo amosou tamén o seu malestar pola desaparición do programa e solicitou unha entrevista coa directiva da CRTVG.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2015 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer