Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Concurso Traspés (Vigo)
1. Neste concurso poderán participar grupos de asociacións sen ánimo de lucro

2. Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.

3. Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.

4. Cada participantente non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

8. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado.

1. A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante

2. As categorías determinaranse pola media de idade dos compoñentes, e ningún deles poderá superar o límite da categoría en máis de dous anos.

3. A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).

XURADO
1. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
· Autenticidade da peza
· Dificultade da mesma
· Afinación e interpretación

2. O xurado poderá descualificar a calquera intérprete que non atinxa as bases e/ou normas do concurso.

3. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido do folclore tradicional, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

4. O xurado terá a liberdade de esixir o DNI ou libro de familia.

5. O xurado estará nomeado e elixido pola Asociación Cultural Traspés.

PREMIOS
1. Os premios serán os seguintes:

Categorías A, B:
1ºtrofeo e 300?
2ºtrofeo e 150?
3ºtrofeo
Accésit de vestiario en cada categoría

Categoría C:
1º trofeo e 1000?
2º trofeo e 500?
3º trofeo e 250?
Accésit de vestiario:150?

INSCRICIÓN
1. O prazo de inscrición rematará o día 26 de abril. Para inscribirse débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao correo elctrónico traspes@traspes.com

2. A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.

DATA

1. O concurso terá lugar o 10 de maio no auditorio do teatro Afundación Vigo

2.Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

3.A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico ou carta.

4.O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.

5.Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-04-2015 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0