Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Faustino Santalices. Tradición musical galega (Pontevedra)
Faustino Santalices. Tradición musical galega
Edificio Sarmiento. Do 19 de marzo ó 12 de abril de 2015

Esta mostra inaugúrase o xoves 19 de marzo ás 19 horas no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.


Pretende aproximar ó espectador a excepcional personalidade de Faustino Santalices, as súas investigacións e creacións, a súa dimensión como artesán, luthier e científico, e a súa relevancia como extraordinario divulgador da nosa tradición musical.

Faustino Santalices Pérez (Bande 1877-Madrid 1960) é unha das figuras centrais da música galega, piar fundamental para coñecela e comprendela: investigador, divulgador, artesán e intérprete de prestixio, podémolo considerar con toda xustiza o artista total. Foi un home de vastísimos coñecementos, que dende moi novo embebeuse en todo tipo de saberes artesanais nas carpinterías e fraguas de Ourense —era amigo dos bos traballadores, como el mesmo se denominaba—. Ó mesmo tempo, por mor da súa posición como Secretario de Gobernación, pertenceu a unha elite social e intelectual que dende unha óptica rexeneracionista revitalizou a música galega.

Os instrumentos, pezas e unha parte substancial da documentación desta exposición foron xenerosamente cedidos polo seu fillo Faustino Santalices Muñiz e familia, quen non só conservou íntegro e reuniu para a posteridade todo o arquivo documental e musical, o torno e as ferramentas de artesanía e máis a colección de instrumentos do seu pai, senón que, sobre todo, foi a súa memoria viva e presente, plenamente consciente do valor e transcendencia que ten o excepcional legado de Faustino Santalices para a cultura galega.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-03-2015 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer