Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira)

XV Concurso de baile tradicional galego “Azaloira”

Bases de participación

• Establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 13 a 16 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva.

• O mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.

• Será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.
• Cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.

• Os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización.

• O xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretario -con voz pero sen voto- a concelleiro de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.

• A asociación de baile xuvenil “Fortín da pomba” actuará a modo de exhibición.

• A entrada no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira será, coma sempre, de balde.

• Premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euroe e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Poderá haber accesits adicionais en función da xenerosidade dos nosos colaboradores.

• Prazo de inscripción: do 12 de marzo ao 10 de abril de 2015 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguintes enderezos:
fortindapomba@yahoo.es, mjpferreiro@yahoo.es.


• Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de Fortín da pomba (Josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.

XV Concurso de baile tradicional galego “Azaloira”- 3 de maio de 2015

Boletín de inscripción
• Nome do grupo participante:
• Nome do director/a:
• Dirección do grupo:
• Teléfono e e-mail de contacto:
• Categoría na que participa:
• Nome da peza a interpretar e lugar e ano de recollida:

• Número de compoñentes:
Bailaríns músicos
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-03-2015 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer