Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'

Poderanse inscribir nesta segunda edición do certame todas as persoas que o desexen, incluso as que participaron o ano pasado. Os únicos requisitos son que non teñan ningún material sonoro editado e que as cancións que presenten a concurso sexan inéditas e en galego.

Un EP —xunto co deseño do mesmo—, concertos e promoción destes, así como un ano de cota de socio/a de Músicos ao Vivo son algún dos premios que poderá recibir a persoa gañadora desta segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Tamén haberá novidades nos accésits da gala final, entre outras.

O Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' está organizado polo municipio teense e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Gadisa.

O prazo de inscrición que continuará aberto ata o vindeiro 29 de marzo.

As bases poden consultarse na web www.concellodeteo.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2015 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer