Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xacarandaina no Alalá do martes 17

O grupo folk Xacarandaina ten novo espectáculo e isto é para os amantes da música e do baile tradicionais unha gran noticia, xa que se trata dun dos históricos do folclore galego, que leva case trinta anos a recoller aplausos pola súa perfección no escenario e pola fidelidade coa que interpreta as cancións e as coreografías que recolle directamente dos maiores nas aldeas. Neste “Alalá” comprobarase e asistirase a este espectáculo chamado “Prestixio”, baseado na enorme riqueza en música e tradicións da Costa da Morte.

Se algo caracteriza á Asociación Xuvenil Xacarandaina é que dentro dos seus dous mil socios hai familias enteiras, desde os avós ata os netos. No programa coñecerase a unha destas familias, en que os pais comezaron a asistir a clases de baile hai pouco, despois de ver o ben que o pasaban os fillos, e fartos de agardar por eles cando os levaban aos ensaios ou a actuar desde que os nenos tiñan catro anos ata agora que están preto dos vinte.

Ademais da sona do grupo de baile, a asociación é moi coñecida tamén polo Círculo de Actividades de Tempo Libre, xa que dos cursos que organiza sae a canteira dos bailadores e músicos que compoñen o grupo; pero a oferta de actividades ten para todos os gustos, desde clases de reciclaxe para cativos ás de pintura ao óleo, ximnasia ou bailes de salón, e os alumnos van dos tres anos aos setenta. Sen perder de vista o obxectivo co que naceu Xacarandaina: pasalo ben e divulgar o folclore galego moito máis alá das nosas fronteiras.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-04-2007 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 non estivo mal pero#blgtk08# podia estar millor
Comentario por anonimo (26-04-2007 20:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer