Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Selección de gaiteiros solistas para o XXX Trofeo Maccrimmon (Lorient)
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS
XXX TROFEO MACCRIMMON – LORIENT


1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXX Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 7 de agosto de 2015 durante o Festival Interceltique de Lorient. Este ano por ser o 30 aniversario, farase una edición especial para conmemoralo.

3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 12 gaiteiros sen acompañamento de percusión.

4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 26 de Abril ás 17:00 no Centro Cultural “Rosalía de Castro” de Cacheiras - Teo (A Coruña).

5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio da peza galega obligatoria que será “Ribeirana de Ventosela”, presentada en soporte CD, que os participantes enviarán xunto coa folla de inscrición.

7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano (Jota de Remis) e unha peza do repertorio bretón (Dans Fisel) que se adxuntan coas bases e a folla de inscrición.

8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.

10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.

11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.

12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural “Rosalía de Castro” de Cacheiras-Teo o domingo 4 de Maio ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.

13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.

14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.

15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.

16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.

17. O fallo do xurado será inapelable.

Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 3 de Abril de 2015 a:
APTO DE CORREOS 17.
CACHEIRAS – 15883 TEO (A CORUÑA).
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-02-2015 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer