Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa do 25 Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos (Compostela)
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos temos o pracer de convidarte o vindeiro domingo 7 de Decembro do 2014 á FESTA DE CELEBRACIÓN DO NOSO 25 ANIVERSARIO, onde faremos un pequeno percorrido por estes 25 anos de traballo en prol da defensa e posta e valor da música tradicional.

É para nós un orgullo termos convertido a lo longo de todos estes anos nunha gran familia, e queremos contar con todos vós para celebralo por todo o alto, contando para elo, e como non podía ser doutra maneira, coa actuación de grandes da música tradicional.

Gustaríanos ademáis que participárades activamente no acto, polo que temos previsto facer para a inauguración do mesmo unha gran tocata dun par de pezas. As pezas escollidas para esta animación son



“Muiñeira de Armenteira” e o “Himno Galego” con gaitas en Do e outros instrumentos para acompañar.

PROGRAMA

- Raul Galego
- Nela de Bres, Desiderio da Pontenova, Modesto da Fonsagrada, Constante da Fonsagrada, Otilio da Fonsagrada e Antonio de Lourenzá.
- Leilía
- Mestres da Tradescola
- Treixadura
- Os Carunchos
- Homenaxe ao Presidente da AGG, Santiago Caneiro
- Agrupación Abertal

Presenta Xurxo Souto.


E para rematar haberá un pequeno convite no que cuns pinchiños e en grande compaña de todos os presentes remateremos un día grande no que se homenaxea a nosa paixón pola música tradicional galega.

Para asistir ao convite, deberás poñerte en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos antes do xoves 4 de decembro e reservar a túa praza.

Información e Reservas: secretaria@gaiteirosgalegos.com || Tlf: 986.847.074 - 982.229.966

Entrada de balde.

VEN A TÚA FESTA!!!

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2014 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer