Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornada de baile tradicional (A Coruña)
O vindeiro día 25 de Outubro, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova Xornada sobre o Baile Tradicional, que terá lugar na sala 9 do Centro Ágora sito na cidade da Coruña.

Dende a AGG organizamos esta actividade, que coidamos necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, xa que existe unha falta de espazos de debate para conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia. Por outra banda, existía tamén un gran baleiro de métodos e materiais didácticos, cuestión que se está a solucionar, e que non pode ser doutro xeito que dándolle pulo dende xornadas deste tipo.

Este é o momento de axuntar esforzos, e dar relevancia a unha parte moi importante na tradición galega como é a súa expresión corporal, o baile. Xunto cos profesionais, estudosos, e persoas destacadas do sector, analizarase o estado do baile tradicional en Galicia. É fundamental potenciar o seu ensino e propoñer materiais, métodos e actividades que o acheguen non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.

A Xornada iniciarase ás 10.30 horas e nela teremos ponencias, obradoiros de baile e unha mesa redonda para tratar o estado actual e o futuro do noso baile. Permanecede atentos!! En breve comunicaremosvos o programa completo!!

A asitencia á Xornada é de balde, para inscribirse pódese enviar un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto ou chamar ao teléfono 982229966.

Prazas limitadas por orde de inscrición.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-10-2014 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0