Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIV concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira)

Con motivo do 15º aniversario da Asociación de Baile Xuvenil Fortín da Pomba de Bandeira, temos o gusto de convidarvos á XIV edición do concurso de baile tradicional galego "AZALOIRA" que este ano terá un carácter infantil-xuvenil como premio á labor das nosas escolas de baile tradicional.

O concurso terá lugar o día 18 de maio ás 18:00h. no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.


XIV concurso de baile tradicional galego “Azaloira”

Bases de participación

• establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 13 a 16 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva.

• o mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.

• será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.

• cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.

• os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización.

• o xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretaria -con voz pero sen voto- a concelleira de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.

• a asociación de baile xuvenil “Fortín da pomba” actuará a modo de exhibición.

• a entrada no auditorio Manuel Dopazo de bandeira será, coma sempre, de balde.

• premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euroe e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.

• prazo de inscripción: do 1 ao 25 de abril de 2014 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguinte enderezo: fortindapomba@yahoo.es.

Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de fortín da pomba (josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer