Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (Vigo)
1. Neste concurso poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais, artísticas, recreativas, folclóricas, de veciños, centros parroquiais, ANPAS, etc.

2. Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.

3. Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.

4. Cada participante non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

8. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado.

CATEGORÍAS

1. A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante

2. As categorías determinaranse pola media de idades dos compoñentes, e ningún deles pode superar o límite da categoría en máis dedous anos.

3. A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).

XURADO

1. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
· Autenticidade da peza
· Dificultade da mesma
· Afinación e interpretación

2. O xurado poderá descualificar a calquera intérprete que non atinxa as bases e/ou normas do concurso.

3. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio no eido do folclore tradicional, e os seus fallos e acordos serán inapelables.

4. O xurado terá a liberdade de esixir o DNI ou librodefamilia.
5. O xurado estará nomeado e elixido pola Asociación Cultural Traspés.

PREMIOS

1. Os premios serán os seguintes:
Categorías A, B:
1ºpremio: trofeo e 300€
2ºpremio: trofeo e 150€
3ºpremio: trofeo
Trofeo de vestiario

Categoría C:
premio: : trofeo e 1000€
premio: trofeo e 500€
premio: trofeo e 250€
Accésit de vestiario de 150€


INSCRICIÓN
1. O prazo de inscrición rematará o día 13 de Abril. Para se inscribir débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao correo eletrónico traspes@traspes.com.
2. A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.

DATA

1. O concurso terá lugar o 27 de abril no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo.

2. Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega depremios correspondente.

3. A hora de presentación, a orde e as normas do concurso serán enviadas previamente vía correo eletrónico.

4. O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.

5. Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-04-2014 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer