Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X Concurso de Baile Tradicióna​l Tequexetél​dere (A Estrada)
X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL TEQUEXETÉLDERE

A Estrada 27 de abril de 2014

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o X Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 10 anos.
-Categoría B: de 10 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.

Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

O concurso celebrarase o Domingo 27 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e B e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías C e D, no Teatro Principal da Estrada ou no Pazo de Exposicións e Congresos (según inscrición de grupos), nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 20 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .

A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).

O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.

A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

Establecerase a seguinte cuantía de premios:

Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 €)
-Segundo premio (120 €)
-Terceiro premio (Trofeo)

Categoría C:
-Primeiro premio (180 €)
-Segundo premio (150 €)
-Terceiro premio (Trofeo)

Categoría D:
-Primeiro premio (240 €)
-Segundo premio (180 €)
-Terceiro premio (Trofeo)

Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

Bases
Folla inscrición
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-04-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer