Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Trofeo Maccrimmon de Lorient
CONCURSO - SELECCIÓN DE GAITEIROS SOLISTAS
TROFEO MACCRIMMON – LORIENT


1. Poderán participar tódolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, así como aqueles que estando na diáspora teñan ascendencia galega ou acrediten pertencer a algún centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa é seleccionar ós catro gaiteiros que representarán a Galicia na final do XXVIII Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrará o 2 de agosto de 2014 durante o Festival Interceltique de Lorient.

3. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 15 gaiteiros sen acompañamento de percusión.

4. O Concurso-Selección, celebrarase o vindeiro 4 de Maio ás 17:00 no Centro Cultural “Rosalía de Castro” de Cacheiras - Teo (A Coruña).

5. O Concurso-Selección non terá dotación económica. Os catro primeiros clasificados serán os encargados de representar a Galicia competindo na final do Trofeo MacCrimmon. Viaxarán gratuitamente á Bretaña coa Delegación Galega do Festival de Lorient e disporán de aloxamento e dietas tamén de xeito gratuito.

6. Para a selección dos concursantes terase en conta o currículum e a gravación de audio da peza galega obligatoria que será “A gaita de Melchor” de Iván Costa.
presentada en soporte CD, que os participantes enviarán xunto coa folla de inscrición.

7. No Concurso-Selección cada gaiteiro deberá interpretar obrigatoriamente, unha peza do repertorio asturiano e unha peza do repertorio bretón que se adxuntan coas bases e a folla de inscrición.

8. Cada gaiteiro, ademais das interpretacións obrigadas de temas asturianos e bretóns, terá cinco minutos para interpretar repertorio galego de libre elección. As pezas que compoñan dito repertorio poderanse interpretar por separado ou en suite.

9. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación. En caso de superar o tempo establecido nas bases, o xurado poderá penalizar o gaiteiro.

10. A interpretación da música galega realizarase en exclusiva coa gaita tradicional de Galicia. Para a interpretación dos repertorios asturiano e bretón permitirase o uso das gaitas tradicionais de Asturias e Bretaña, aínda que tamén se poderá efectuar coa gaita tradicional galega.

11. Os concursantes deberán vestir o traxe tradicional galego completo, que non poderán quitar ata o final do concurso.

12. Os gaiteiros seleccionados terán que presentarse no Centro Cultural “Rosalía de Castro” de Cacheiras-Teo o domingo 4 de Maio ás 15:30 para firmar a acta de presencia e para a realización do sorteo de orde de actuación.

13. O xurado estará composto por gaiteiros que xa gañaran o Trofeo MacCrimmon, ou que resultaran finalistas do mesmo.

14. O xurado valorará a afinación, o emprego das dixitacións, ornamentacións, recursos interpretativos, dificultade das pezas, etc.

15. O xurado será o encargado de analizar as actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e nomeará ós seleccionados para a final do Trofeo MacCrimmon.

16. A inscrición no concurso implica a aceptación das presentes bases. O xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas mesmas.

17. O fallo do xurado será inapelable.
Os gaiteiros que desexen participar deberán remitir a folla de inscrición, debidamente
cuberta e acompañada do currículum e o Cd de audio antes do venres 11 de Abril de 2014 a:

DELEGACIÓN GALEGA DO FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT.
APTO DE CORREOS 17.
CACHEIRAS – 15883 TEO (A CORUÑA).


Bases
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2014 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer