Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

No Alalá de hoxe martes: Quempallou

Ás 21:40

No Alalá do 10 de abril seguiremos a traxectoria de Quempallou, grupo festeiro xurdido entre o Morrazo e a montaña brava do Incio, mestura enxebre dacabalo entre gaiteirada feliz e cantiga de escarnio; entre foliadiña de baiúca e festa rachada de festival; entre cancioneiro e composición; entre acordes bonitos e arranxos directos. Así, por medio de xotas e muiñeiras e valses e polcas e que sei eu, van enfiando Quempallou as súas actuacións, para que absolutamente ninguén dos presentes deixe de sentir ese formiguillo incontible nos pés e ese profundo proído no peito que nos fai ceibar un aturuxo e botarnos a bailar un agarradiño coma tolos, ou un solto como podemos. Iso é Quempallou, a festa galega coa calidade que requiren os tempos, sen nos esquecer de nada, nin de ninguén.

Alalá vai ata a cidade das Burgas, en Ourense, onde vai ter lugar un adianto explosivo: a presentación de Polo aire, o terceiro disco de Quempallou, sete mozos cunha filosofía viva en canto á música se refire, xa que a súa máxima é que o público cante, baile, aturuxe, berre? nunha palabra que o pase en grande, pero sen esquecer as cousas da vida.

Daquela o equipo do programa estará en varios puntos de Galicia, desde o Incio (Lugo) ata o Morrazo (Pontevedra) e pasando por Ourense. ?Quempallou? fala das cousas que lle preocupan e cunhas letras que ?convidan a facer a festa sen esquecernos das cousas do mundo no que nos tocou vivir


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 10-04-2007 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Estes si que son bos. Xa me está a tardar#blgtk08# o momento de miralo. O anuncio promete.
Comentario por turonio (10-04-2007 11:35)
2 Mira que chegar tarde ao concerto que gravaron para este #blgtk08#programa...

Un saúdo a todos os Quempallou
Comentario por Henrique (10-04-2007 14:42)
3 Non se pode estar en todo Henrique,... esa ax#blgtk08#enda social te mata.

Beisiños
Comentario por bea (10-04-2007 14:59)
4 Bo programa pero ¿porque guil#blgtk08#lerme se pega tanto o micro?
Comentario por (10-04-2007 22:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0