Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Encontro de Tocadores de Trompa
O vindeiro sábado 21 de Abril, vaise celebrar na Fonsagrada (Lugo), o "I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA",organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

A trompa (arpa de boca, birimbao, guimbarda?) é un instrumento presente e espallado por moitísimas culturas e continentes (Alemaña, Noruega, Italia, Rusia, Vietnam, EEUU?). O instrumento tivo a facultade de adaptarse e asimilar a idiosincrasia das culturas musicais que o acolleron ao longo dos tempos.

Posiblemente o camiño de Santiago facilitou a chegada a Galiza e a súa divulgación entre as xentes. Actualmente só na comarca da Fonsagrada se mantén vivo o instrumento, grazas ás figuras de Emilio ?O Pando? e César Fernández. Eles son os últimos tocadores de trompa. A longa cadea de transmisión oral que nos legou a singularidade a particularidade deste instrumento corre serio risco de esvaecer se non creamos lazos que permitan poñer a disposición dos novos instrumentistas todo o saber destes homes.

O obxectivo deste ?I encontro de tocadores de trompa galega? é precisamente facer un diagnóstico da situación actual do instrumento no país e sentar as bases sobre as que nun futuro non moi lonxano nos permitan aumentar o número de tocadores de trompa, así como o de ensinantes e estudiosos do mesmo.

Se queredes máis información sobre o encontro, podedes poñervos en contacto coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico a: secretaria@gaiteirosgalegos.com

Programa do encontro

PROGRAMA DO I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA

?11:00-11:45.- ?Historia da trompa e presencia do instrumento nas distintas culturas musicais. A trompa da Fonsagrada?. Relator: Pablo Carpintero (Investigador, asociado da AGG).

?12:00-12:45.- ?Construción, características, sonoridade e morfoloxía do instrumento. Elección dunha trompa?. Relator: Xosé Vázquez Suárez (Constructor de trompas, asociado da AGG), Oliverio Álvarez (Constructor de trompas da Fonsagrada).

?13:00-13:45.- ?Herminio Villaverde, tocador de trompa?. Relator: Juanjo Fernández (Investigador, asociado da AGG).

?14:00-15:45.- Xantar.

?16:00-16:45.- ?César Fernández, tocador de trompa?. Relator: César Fernández (Tocador de trompa) e Cándido Meixide (Productor discográfico).

?17:00-17:45.- ?Emilio ´O Pando´, tocador de trompa?. Relator: Emilio O Pando e Daniel O Pando (Tocadores de trompa).

?18:00-19:00- Concerto de Trompa. Participantes: Daniel O Pando, César Fernández, Emilio O Pando, Pablo Carpintero, Paulo Nogueira, Rodrigo Romaní e Xulio Varela.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2007 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0