Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

De Voces Ceibes a Milladoiro
O músico Antón Seoane, un dos fundadores de Milladoiro, publica o libro-disco ‘Do Voces Ceibes a Milladoiro’ no que se ocupa de analizar polo miúdo, como protagonista en primeira persoa que foi, a época que vai dende a aparición da Canción Popular Galega, un movemento de cantautores, cancións protesta, música de taberna e influencias mesturadas que ían en coalición desordenada contra a longa sombra do franquismo, ata o nacemento e éxito de Milladoiro.

O libro sae publicado cun disco con algúns dos éxitos da época, seleccionados polo autor, no que aparecen algúns dos grandes protagonistas daquel tempo como Rodrigo Romaní ou Pilocha, entre outros, e acompañado dun DVD onde moitos protagonistas daquel tempo, non só da música, revisitan aquela época fascinante.

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 05-01-2014 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer