Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe ao gaiteiro 2013 (Vigo)
O próximo sábado 30 de Novembro a sala de concertos do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá a partir das 19.00 horas a vixésimo sexta edición do Homenaxe ao gaiteiro, organizado polo Grupo Etnográfico A Buxaina. Un evento musical onde todos os asistentes poderán gozar coas actuacións do grupo de música tradicional Abóbriga e o Grupo Etnográfico A Buxaina.

A entrada ao evento será con convite. Os socios do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo poderán retirar os seus convites dende o xoves 18 ata o domingo 24 do citado mes en horario de 20.00 a 22.00 horas de luns a venres e de 12.00 a 14.00 horas o sábado e domingo e os non socios dende o luns 25 ata o sábado 29 no mesmo horario arriba indicado.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-11-2013 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Hai un pequeno erro na informaciòn, o día do acto é o vindeiro sábado 30 de novembro.
Ainda que#blgtk08#da algunha invitación que podedes recoller no CRAC de Coruxo entre as 20 e as 22 horas.
Saúdos
Comentario por Etnografico ABuxaina (28-11-2013 11:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer