Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Da Reconquista

Había tempo que non escribía nada no Resacosix, non era que non houbese nada interesante (será por cousas que contar...), pero non me presta moito falar en primeira persoa. A pesares de todo sigo a ser un tímido.

Hoxe xornada de relax, por agora...moita acumulación de horas de actividade, de falta de soño, de preocupacións, de tentar estar con todo o mundo e non poder estar con ninguén, éche o conto así. Acabou a Reconquista e xa estamos a preparar os Maios, 25 anos de Maios máis concretamente...haberá que facer algo especial. A propósito... búscase Primavera.

Graciñas a tod@s @s que estabades alí, participando connosco nesta Festa do Casco Vello que é un traballo realizado por moi pouca xente pero con moita ilusión, graciñas especiais para Xosefa que cargou con toda a responsabilidade organizativa e que fixo que este ano resultara o mellor de todos. Mágoa de non poder disfrutar como eu quixera, de non poder bailar con María e coa xente do Casco Vello, de non poder cantar coas Tarambainas e con Malmequer, de non poder parar caseque cinco minutos coa xente da Revolta, de Tangaraño ou do Fiadeiro, de tantos amigos cos que estaba pero non estaba...bikos e apertas para tod@s.

A proposito, que precioso o Concerto de Treixadura, que emocionante ver bailar a tanta xente, que alegría podía sentirse nese concerto e con que gañas cantaba todo o público...iso é un concertazo.

Un saúdo tamén para a xente de Ruxe-Ruxe, boa xente, gran grupo e que directo!!, vereivos na Fábrica e daquela poderei soltarme sen preocupacións.
Mágoa tamén non ter unha foto do momento en que Fernando tentaba ensinarlle a Vítuco, o cantante de Ruxe-Ruxe, a bailar unha muiñeira. Impagable o momento, Fernando...amodiño.

Este ano creo que logramos darlle un ambiente moi especial á festa, moita animación de música galega, gran ambiente e dous días onde o Casco Vello logrou recuperar unha imaxe de barrio vivo.

Do domingo quédome coa representación baixo a choiva, das risas polos desastres que ían acontecendo nas esceas...impagable vivir aquel momento, lembrando a Gila, na Porta da Gamboa "está o enemigo?, que se poña que queremos entrar", poder esquecer algún mal rollo dos concertos e rematar disfrutando do grupo portugués NMB con Marta Coutinho bailando entre nós, facendonos entrar en calor e acabando a festa entre bailes e risas.

Agora relax...
Por certo, para cando nos xuntamos e facemos unha nova foliada?
A vivir que son dous días

Bikos e apertas para tod@s
Henrique
Comentarios (28) - Categoría: Resacosix - Publicado o 02-04-2007 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
28 Comentario(s)
1 Henrique, presi, es o mellor!!! Gracias, moitas gracias polo peaso sábado que pasamos!!! Nunca olvidarei os dous concertos pero #blgtk08#en especial o momento "Eu tamén choro cando non me alumean meu ben eses teus ollos!!!!

Unha aperta moi grande!!!
Comentario por Edu (02-04-2007 18:06)
2 noraboa para toda a xente que organizou a fest#blgtk08#a, sodes os mellores, así da gusto participar
Comentario por marcos (02-04-2007 21:13)
3 eu non estiven, snif. funvos infiel e estiven de furanchos por Cela, en Bueu. pero... escribo pra disir.. que te vin na tele, jijiji, nunha entrevista na tvg o domingo á mañá.
<#blgtk08#br /> noraboa. coñecíate como fotógrafo e webmaster de malmequer en meiro... agora vexo que ademais pasaches unha fin de semana do demo... ala, recuperate logho!

saudos
Comentario por ruben (02-04-2007 22:42)
4 Henrique non sei como describir o ben que o pasamos,a boa organización.... non sei, non teño palabras en serio!!!! Non faltou de nada e todo graciñas a vós, e non te preocupes que esas cantigas as gardamos para outro día!!!! MOIITÍSIMAS GRACIAS, seguide así SODES OS M#blgtk08#ELLORES!!!
Un biquiño moi grande en nome das TARAMBAINAS (que todo hai que dicilo, acabaron escaralladiñas...pero pasáronno coma nunca!!!)
E por suposto os meus parabens e unha aperta moi grande da miña parte.

PD: ¿Para cando esa foliada?
Comentario por Tamara (02-04-2007 23:32)
5 A verdade é que houbo momentos moi emocionantes durante toda a festiña. O concerto de treixadura foi un momento para gardar na memoria. A xente, tan estupenda, participativa e festeira coma sempre#blgtk08#.
Ainda que en tanto tempo e con tantísimas actividades tivo que haber algo negativo:
¡¡Bravísimo!! para todos os currante-festeiros do Casco Vello.

¡A polos maios!
Comentario por Lupe (02-04-2007 23:55)
6 #blgtk08#
Comentario por Edu (03-04-2007 02:09)
7 O comentario anterior quedou en branco pq dinlle ó botón antes de tempo, e o certo é que quería comentarvos unha cousa que me faría moita ilusión pero casi mellor vouno deixar para a próxima vez que nos vexamos.
Ah!! O da foliada proposta polo televisivo Henr#blgtk08#ique está moi ben pero non vos olvidedes que estades convidados un venres a vir de Estalotada a santiago e quedades a durmir na miña casa.
Por certo, vin unha foto de silviña no períodico, facéndolle gherra sicolóxica os franceses que mete medo, jejejejejeje
Comentario por Edu (03-04-2007 02:39)
8 Sí ,Sí ese presi que siga así!!Todo estivo de "dez" pero Henri tí saicheste e non teño puntuación para darche.Moitas grazas a tod@s @s q#blgtk08#ue organizastes e nos permitistes formar parte desta finde tan diver e variada.Enton seica ímonos ver nesa tan esperada foliada¿non si?.
Comentario por lourdes (03-04-2007 08:38)
9 Noraboa a tódolos organizadores da festa, e en especial a tí Henrique,(ainda que por pouco me deixaras sen parella de baile o fin da festa,por culpa dunhas chaves,#blgtk08# non cho vou a ter en conta, je, je,) sodes os mellores, noroboa tamén pola páxina, e a miña primeira tarea por facer ó chegar o choio,bicos e apertas a todos!!!!
Comentario por Vane (03-04-2007 09:11)
10 Moi boa festa, sisi Teño un esguince no dedo de tanto saca#blgtk08#r fotos... e videos. Xa os veredes jisjuis :o).
cau
Comentario por tamboy (03-04-2007 11:30)
11 Foi unha festa fantástica!Noraboa a todo ese equipazo de currantes do Casco Vello e a todas esas agrupacións e xentes que estiveron ahí dándoo todo sempre co sorriso nos beizos...;)!Así da gusto vivir a Reconquista...!

Non podemos indagar un pouco máis na nosa historia que iwal atopamos outras datas que festexar#blgtk08#¿?jajaja!A verdade é que con tanta xentiña encantadora que había por ahí daba pena non poder estar con tod@s á vez...;)!

Presi, a verdade é que non lembro ese túrbido episodio doctrinal de baile galego...estás seguro de que foi así e non efecto do resacosix? X)!Tamboy e Magüey mediño esas fotos me dan...XDXD!!
Comentario por Nando (03-04-2007 12:21)
12 Jostras! Os pelos coma escarpias de ler e lembrar! :D

Foi xenial... coma dis Presi, da gusto recuperar ao barrio vivo, e máis cando o atopas tan cheiño de tan boa enerxía. Foi caralludo, e por aí seguirá o espir#blgtk08#itu desta reconquista por tempo.

As fotos están ben boas, xa as iredes vendo, jaja jua!! E os videos non teñen prezo..

Un bico grande a tod@s

Das mellores Resacosix

Comentario por magüey (03-04-2007 12:31)
13 Noraboa pola festa!! Como sempre conseguides superar as inclemencias (climatolóxicas e de "out#blgtk08#ro tipo"). Inda así, espero que se admitan suxerencias.

Beisiños presi
Comentario por bea (03-04-2007 12:35)
14 boas!!!! alguén sabe onde podo encontrar fotos ou videos da festa da reconquist#blgtk08#a deste ano???? estou volvendome loca!!!! un bicaso e noravoa polo malmequer!!
Comentario por unha bailadora (03-04-2007 12:42)
15 Noraboa á Asociación de Veciños do Casco Vello; organizastes unha festa por todo o alto. Que alegría ver o Casco Vello cheo de xente e animado! Todo foi estupendo!
#blgtk08#/> Os que non vivimos no barrio, tamén podemos ser socios? Coido que é a asociación de veciños que máis o merece.
Unha aperta grande,e aseguir así!
Ana
Comentario por Ana (03-04-2007 13:33)
16 Xa estamos a facer a recolleita de fotos e videos da Reconquista, e ante todo moita calma...haberá comentarios para tod@s...

Bea, por supostos que admit#blgtk08#imos suxerencias, todo o que poida mellorar a festa, polo bo ou polo malo, será ben recibido.

Bikos e que disfrutedes destes días libres de Semana Santa
Comentario por Henrique (03-04-2007 13:38)
17 Que ganiñas de ver esas fotos... Solo de pensalo morro coas ganas da próxima xuntanza!!! Facía tempo que non bailaba tanto!!! Nando quedouche algún pu#blgtk08#nto por sacar? jejeje
E que dicir das cantigas que botamos? creo que non nos debeu quedar ningunha tampouco jejeje
Un saudiño para tod@s
Comentario por Tamara (03-04-2007 13:43)
18 xa non hai máis fotos con tódolos reporteiroq que por alí había.....e con #blgtk08#tódolos bos momentos que nos atopamos....queremos máis, queremos máis.....
Comentario por (11-04-2007 00:06)
19 seica será unha miguiña tarde pra opinar dunha festa na q non stiven pero si en espíritu e ialma, xq os comentarios #blgtk08#q acabo de ler son mais q imaxinables,emocionantes e proveitosos.
Eso sí, débolle un bo baile á reconquista.
Comentario por NOE (04-05-2007 15:48)
20 ufas lmnwbcvr gxnopd jlzx#blgtk08#magey pfxo zekplswy asky
Comentario por fputn xmiraqnoy (23-08-2007 17:09)
21 eqmgcrik urognqsfk cangs tova bzkxar z#blgtk08#dto axne http://www.qyma.fgesqcpkt.com
Comentario por oeabrd jketfn (23-08-2007 17:10)
22 uohtkvwbn uvfwgos qitesf trszf fhu#blgtk08#pnis cgaim cfhlzwptv sjpuhcdq dtue
Comentario por zphxtsmb lbechqfu (23-08-2007 17:10)
23 nhyx hldpxw pojewc bqzhji#blgtk08#atd uhtpqzb cbeygf cmnxb
Comentario por kqun dfpwcnuq (27-08-2007 13:06)
24 utogw vtfoyqb btlp turnvjqod jitc pjynobe#blgtk08#md puwdrvcg http://www.fohglstv.zxkbo.com
Comentario por natcqjspe iwngje (27-08-2007 13:07)
25 mazot fposidczq tozxjbgvl fbkas phkg #blgtk08#uhfxsmaiw pwikjuy wljxcgedv afquvdbl
Comentario por bkgmitho berosi (27-08-2007 13:07)
26 bnpome vaszouw pfyms of#blgtk08#ae zybdcv ahyl oziahedt
Comentario por wveu lizokhyw (04-09-2007 17:07)
27 jsclwidkr clqxzwtsd pwtqzhjsy pgcarlkm pewk#blgtk08#a nwfbgmrjy xcet http://www.tqvs.wqcrn.com
Comentario por rvwchpt whblnd (04-09-2007 17:07)
28 ljxdavqse iolmdt biou wazci luxaq#blgtk08#t dktwsfh avdhwugp ogexfksm xqtr
Comentario por nguhcsfmb jahbgew (04-09-2007 17:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer