Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Remate dos "Xoves de Códax" con Uxía e Joao Afonso

Tras o éxito do pasado verán, remata a segunda edición de "Os Xoves de Códax", un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que permitiron descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños da adega. Estas tardes de música e viño tiveron lugar os xoves de xullo e agosto na terraza de Bodegas Martín Códax a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

A nosa terraza encóntrase no outeiro de Burgáns, dende a cal se divisa o Val do Salnés así como a Ría de Arousa, tendo un enclave privilexiado para gozar das postas de sol estivais.

Para poder asistir aos "Xoves de Códax" e tendo en conta que o aforamento será limitado, é imprescindible reservar praza a través do correo comercial@martincodax.com, do teléfono 986526040 e do Facebook de la Bodega, deixando os datos persoais na aplicación correspondente.
Os asistentes, ademais da obra destes artistas poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.

•29 de agosto: Uxía & Joao Afonso

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2013 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer