Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Brinca na Praza (Pontevedra)
Antes de chegar á Feira Franca, as Festas de Verán de Pontevedra ten reservada aínda unha cita ineludible para os amantes da boa música. Trátase do festival Brinca na Praza, que inundará de rock galego a Praza do Teucro os próximos 30 e 31 de agosto. Será coa actuación de tres dos grupos máis importantes do panorama musical galaico: Foxy Freire, Güintervan e Zënzar.

A música comezará a soar o venres 30 de agosto ás 22.00 horas. Farao co grupo Zënzar, unha das formacións máis lonxevas do rock en galego. En plena celebración dos seus 25 anos sobre o escenario, chegan a Pontevedra coa seu inconfundible proposta de punk rock con certos toques tradicionais. Este quinteto, procedente de Meirama (Cerceda), editou seis discos, o último deles Vaise armar (Zënzar, 2012).


O sábado 31 de agosto a sesión será dobre. Por unha banda, Güintervan. É unha das bandas de folk máis bailables e festeiras da música galega. Unha proposta novedosa coa que catro músicos experimentados xuntáronse hai dous anos, editando o seu primeiro disco, Mundo tolo. Fuxindo de toques celtas, mesturan melodías galegas tradicionais con música de raíces balcánicas. Os seus ritmos ricos e veloces e as súas letras en galego completan a súa identidade.

Xunto a eles actuará Foxy Freire, unha das grandes apostas de futuro do rock galego. O rock de finais dos 60 e comezos dos 70 nutre este proxecto que leva xa case tres anos curtíndose polos escenarios das mellores salas galegas e do norte de Portugal. Ofrecen un espectáculo cheo de enerxía e rock, fortemente influenciado por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin ou Black Sabbath, entre outras moitas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer