Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manifesto "Non sen o noso nome"
UN ANO MAIS “OS CHICHISOS” FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE:“NON SEN O NOSO NOME”

Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma. Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen. Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros.

Rematemos co anonimato no país das gaitas.

Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparece-lo dos gaiteiros; e se non, non tocamos.
Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome. Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON.NON sen o respecto que merece todo músico tradicional, NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música, NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra.

NON tocaremos se non figuramos no cartel.

Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo: NON SEN O NOSO NOME!!!

Os Chichisos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2013 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer