Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do concurso de baile tradicional Azaloira

A Ponte Vella vence por quinto ano consecutivo no concurso de baile tradicional galego Azaloira

A música e o baile tradicionais galegos reinaron este fin de semana nas comarcas de Deza e Tabeirós Terra de Montes. Seis dos mellores grupos de Galicia déronse cita onte no concurso de baile tradicional Azaloira, na Bandeira, e máis dun centenar de alumnos de Tequexetéldere actuaron sobre as táboas do Principal na Estrada. Vila de Cruces e a parroquia estradense de Oca foron tamén territorio folk.

No certame silledense, que celebrou a súa décimo terceira edición, non houbo sorpresas. A agrupación A Ponte Vella volveu alzarse co primeiro premio do concurso. É o quinto ano consecutivo que esta formación de Teo alcanza esta distinción, que lle valeu onte un galardón de 1.200 euros. O segundo posto foi para Traspés, de Vigo, que en 2012 logrou a terceira posición. O seu bo facer sobre o escenario, foi premiado con 700 euros. Pola súa banda, o terceiro clasificado da tarde foi a agrupación Trébede, de Marín, que percibe 400 euros.

No certame participaron outras tres formacións de renome a nivel galego: Malveiras, de Vilagarcía; Donaire, da Coruña; e Os Xeitosos de Trazo. Tamén actuou o grupo anfitrión, Fortín dá Pomba. O xurado destacou o gran nivel de todos os bailaríns que competiron e a precisión na execución das pezas.

www.farodevigo.es
Comentarios (21) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-06-2013 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 Noraboa Trébede!, gustách#blgtk08#edes moito. Seguide así.
Comentario por David Costas (18-06-2013 18:36)
2 Cada vez que vexo a Pontevella quedo#blgtk08# mais abraiad, Noraboa os premiados.
Comentario por (18-06-2013 21:28)
3 Noraboa Trébede!, gustách#blgtk08#edes moito. Seguide así.
Comentario por David Costas (18-06-2013 21:28)
4 Eu tamén quedo abraiado. Para o ano meto o meu fillo de catro anos bailar na ponteve#blgtk08#lla, que seguro que nunha semana xa baila de titular.
Noraboa os premiados...
Comentario por (18-06-2013 21:45)
5 A pregunta é: que fix#blgtk08#eches mal??? Pensaoo
Comentario por (18-06-2013 22:51)
6 #blgtk08#
Comentario por (19-06-2013 12:11)
7 Hai que respetar as #blgtk08#decisions do xurado.
Comentario por (19-06-2013 12:14)
8 Estabamos ali e para nós a Pontevella fai algo que os diferencia dos demais. Transmiten ledicia no baile e sobretodo bo ambiente (nótase en que os bailadores/as van sempre rindo e mirandose de maneira cómplice). Música e#blgtk08# a baile ademáis de ter unha boa execución son moi vivas. O conxunto resultante é espectacular e de ahí que merecesen o primeiro premio. Facía tempo que un grupo non nos chegaba de tal xeito. (É a nosa humilde opinión)
Comentario por (19-06-2013 13:41)
9 Pois eu considero que a execución de Traspés en tódolos aspectos é moi superior. Gosto da Pontevella mas creo que os bailes son moi doados e bailan#blgtk08# demasiado pegados polo que igualar é moitísimo máis doado. A afinación do grupo de acompañamento é moi discutible. Saúdos e a seguir traballando
Comentario por (19-06-2013 17:10)
10 Pois colga#blgtk08# os videos
Comentario por (19-06-2013 17:50)
11 ¿Quería saber si nos Ancares aco#blgtk08#mpañaban as pezas con charangas?
Comentario por (19-06-2013 18:08)
12 E eu si os xenerais de Arcos #blgtk08#bailaban ou estaban a cabalo
Comentario por (19-06-2013 18:17)
13 Pois vai recoller a Arcos q o e#blgtk08#ntroido inda se fai hoxe en día
Comentario por (20-06-2013 02:59)
14 Pois, incluso se pode ver en youtube... e non se ve a ningún#blgtk08# cabaleiro bailando!! por favor... deixémonos de historias.
Comentario por (20-06-2013 09:28)
15 O folklore Galego esta en mans de#blgtk08# xente que controla pouco
Comentario por (20-06-2013 10:11)
16 Que atrevida é a ignorancia e por suposto os bailadores de Traspés contan con moitos anos de experiencia e nos mellores grupo#blgtk08#s. Non critiquedes tanto e observade máis a ver se aprendedes un pouco. Os meus parabens á Ponte Vella e a Trebede humildade.
Comentario por (21-06-2013 14:44)
17 Dentro de pouco trebede gañara, xa o veredes, e iso que em#blgtk08#pezou fai pouco. Que pasou con donaire que non levou nada
Comentario por Vigo (21-06-2013 17:43)
18 A trebede fal#blgtk08#talles moito
Comentario por (22-06-2013 13:56)
19 o di todo un exp#blgtk08#erto no folclore
Comentario por (22-06-2013 14:47)
20 Si xa se nota que eres to#blgtk08#do un experto filliño...
Comentario por (23-06-2013 02:44)
21 faime graza que os que criticades e falades de que o folclore esta nas mans de xente que controla pouco, falades e falades pero non poñedes no#blgtk08#me para saber os que lemos que sodes xente "recoñecida" no mundo do folclore! poñede nomes e asi sabremos que opinan os "expertos" de verdade
Comentario por (01-07-2013 22:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0